O festival coruñés de BD autoeditada acada en febreiro a súa décimo quinta edición, despois de sete convocatorias de verán e outras tantas de inverno e unha en liña.

PROGRAMA

Sobre Autobom

Unha vintena de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas novidades no encontro, que ademais contará cun faladoiro, curtas de animación, unha xincana de probas de debuxo e, como peche do evento, unha festa de disfraces amenizada por DJ Gramola e presentada por Sekone.

Autobom é a edición de inverno do Autobán, a festa dos autores e autoras de BD que autopublican a súa obra.

Nos últimos anos, o Autobán situouse como un punto de referencia na Península Ibérica para os amantes dos fanzines e a BD independente e para as novas xeracións de valores, que atoparon no evento coruñés unha lanzadeira ideal e un punto de confluencia caracterizado polo bo ambiente.

0

Localizacións

+0

Edicións

+0

Inscritos

+0

Fotocopias

Localización

SÁBADO 25 DE FEBREIRO
12:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:00 h.

A TOBEIRA DE OZA

Autobom Programa

25 Febreiro 2023

12 : 00 h. | A TOBEIRA DE OZA (rúa Merced 24)

MERCADO DE FANZINES

Procederemos á apertura de portas do Autobom 2020.

O stand colectivo de fanzines ofrece a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras e a proxectos de autoedición varios.

Ademais, poremos algo de petiscar e poderedes coñecer o resto de fanzineiros que anden por aquí....

12 : 00 h. | A TOBEIRA DE OZA (rúa Merced 24)

MINIBÁN: Obradoiro de creación de mini fanzine

Neste obradoiro crearemos un pequeno fanzine artesanal, dun xeito divertido e sinxelo. Sen grampas nin complicados encadernados.

En oito páxinas poderemos debuxar un cómic coas nosas propias personaxes e, ademais, poderemos incluír un poster central cunha ilustración. Todo á nosa elección.

Materiais incluídos. Só tedes que traer a vosa imaxinación e moitas ganas de debuxar.

Imparte: Diego Burdío

13 : 00 h. | A TOBEIRA DE OZA (rúa Merced 24)

PINCHADA E SESIÓN VERMÚ

Ao mediodía poderedes disfrutar coa pinchada de Willy the Squid mentres desfrutades do mercado de autoedición.

14 : 30 h. - 16:30 h.

PARADA PARA XANTAR

Pechamos ata a tarde para poder repoñer forzas.

17 : 00 h. | A TOBEIRA DE OZA (rúa Merced 24)

AUTOLAB: Obradoiro de BD experimental

O Autolab é un laboratorio de BD experimental no que os participantes realizarán unha serie de exercicios de cómic colectivo. Moita diversión e creatividade con fascinantes resultados.

Imparte: Óscar Iglesias

18 : 30 h. | A TOBEIRA DE OZA (rúa Merced 24)

KARAOKE: sintonías de onte e hoxe

Ven cantar as túas sintonías preferidas da túa infancia e d actualidade no karaoke do Autobom.

21 : 30 h. | A TOBEIRA DE OZA (rúa Merced 24)

POXA DE PIÑATAS

Rematamos o Autobom 2023 cunha fantástica poxa de piñatas.

Atrévete a poxar por unha delas e descobre os fantásticos agasallos que agochan no seu interior.

Presenta: Xoana Cuchiflainas

 

Asociación Cultural

Autobán leva anos organizándose sen ningunha estrutura legal detrás, pero consideramos que montar una Asociación Cultural pode axudarnos a superar varios retos e a mellorar o noso funcionamento.

De estar interesado en recibires información sobre a A.C. Autobán, enche o seguinte formulario e porémonos en contacto contigo.

FORMULARIO ASOCIACIÓN

Info Contacto

Teléfono

646 062318 (Bernal)