O festival coruñés de BD autoeditada acada en febreiro a súa duodécima edición, despois de seis convocatorias de verán e outras tantas de inverno.

PROGRAMA

Sobre Autobom

Unha vintena de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas novidades no encontro, que ademais contará cun faladoiro, curtas de animación, unha xincana de probas de debuxo e, como peche do evento, unha festa de disfraces amenizada por DJ Gramola e presentada por Sekone.

Autobom é a edición de inverno do Autobán, a festa dos autores e autoras de BD que autopublican a súa obra.

Nos últimos anos, o Autobán situouse como un punto de referencia na Península Ibérica para os amantes dos fanzines e a BD independente e para as novas xeracións de valores, que atoparon no evento coruñés unha lanzadeira ideal e un punto de confluencia caracterizado polo bo ambiente.

0

Localizacións

+0

Edicións

+0

Inscritos

+0

Horas de choio

Localización

SÁBADO 22 DE FEBREIRO
17:30 a 23:30 h.

NAVE 1839

Autobom Programa

22 Febreiro 2020

17 : 30 h. | Nave 1839 (estación de tren)

MERCADO DE FANZINES

Procederemos á apertura de portas do Autobom 2020.

O stand colectivo de fanzines ofrece a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras e a proxectos de autoedición varios.

Ademais, poremos algo de petiscar e poderedes coñecer o resto de fanzineiros que anden por aquí....

17 : 30 h. | Nave 1839 (estación de tren)

MESA REDONDA: Vasos comunicantes entre a BD e a animación

BD e animación, medios próximos e ao mesmo tempo afastados. É doado dar o salto dun ao outro?

Falaremos con varios debuxantes que o fixeron para que nos conten a súa experiencia e nos dean consellos para pór as nosas viñetas en movemento.

Participantes: David Fidalgo Omil, Giovanna Lopalco, Alberto Vázquez e Martín Romero.
Modera: Óscar Iglesias

19 : 00 h. | Nave 1839 (estación de tren)

AUTOCINE

O Autocine consiste na proxección de curtas de animación independentes, especialmente seleccionadas por Martin Romero. Visualizaremos as seguintes pezas:

  • "Love" de Reka Bucsi
  • "Muedra" e "Zepo" de César Díaz Meléndez
  • "The Full Story" de Daisy Jacobs
  • 20 : 00 h. | Nave 1839 (estación de tren)

    XINCANA DEBUXEIRA

    Don Debuxo, figura clave para o mundo da ilustración, decide escoller un grupo de sucesores para confiarlles a súa sabedoría e luxosos tesouros.

    Para tal fin disporá unha serie de probas que os participantes deberán resolver para gañar o favor do magnate do debuxo.

    21 : 30 h. | Nave 1839 (estación de tren)

    FESTA E CONCURSO DE DISFRACES

    Festa de disfraces coa ambientación musical do xenial DJ Gramola.

    Ademais, GRAN CONCURSO DE DISFRACES con SEKONE como presentador de excepción e un xurado formado por PAULA, LUIS e ROQUE.

     

    Asociación Cultural

    Autobán leva anos organizándose sen ningunha estrutura legal detrás, pero consideramos que montar una Asociación Cultural pode axudarnos a superar varios retos e a mellorar o noso funcionamento.

    De estar interesado en recibires información sobre a A.C. Autobán, enche o seguinte formulario e porémonos en contacto contigo.

    FORMULARIO ASOCIACIÓN

    Info Contacto

    Teléfono

    646 062318 (Bernal)